• English
  • Castellano
  • English
  • Español

Discografía

Ten

Neste traballo, que celebra o seu 10 aniversario, a fusión segue caracterizando as súas composicións. Temas de diversos lugares do mundo con algún ingrediente celta. Daniel Bellón e Diego Maceiras rodéanse dun grupo de colaboradores excepcionais, logrando unha singular mestura con músicos de Gales, Rusia e Galicia. (Juan Cabe, María Moiséeva, María López, Miguel Lamas, Juan Tinaquero, Rafael Carracedo e Oliver Wilson-Dickson)

Brasileirinho

En Belén

FolkFusión

BellónMaceiras Quinteto nace no ano 2007 como unha evolución natural de BellónMaceiras Dúo. Esta nova formación achéganos a unha fusión entre novo folk e músicas do mundo, en que a improvisación ten un papel importante. A gaita e o acordeón, xunto co contrabaixo, guitarra, batería e saxofón ofrecen unha viaxe musical na que diversos estilos e ritmos de amálgama se complementan cunha ampla variedade de composicións propias.

A fusión é o sinal de identidade de BM5, e a contribución musical de cada compoñente é a que marca o particular son do grupo. Os músicos teñen total liberdade para expresarse, ceibes de ríxidas faixas estilísticas. Do seu gusto por mesturar nace o que eles mesmos definen como “espicho”, a introdución de partes dunha melodía coñecida dentro doutra peza.

Tanto no seu disco como no directo non agarden escoitar un só estilo e gocen coa música.

Benvidos ó Folk Fusión!

Unión das Terras

BellónMaceiras Dúo , os gañadores da sétima edición do concurso folk de Radio Obradoiro que se celebrou no Teatro Principal de Santiago de Compostela o pasado 17 de marzo de 2006 e do Concurso Runas 2006 do Festival de Ortigueira, preséntannos o seu primeiro traballo chamado “Unión das Terras” , co que nos pretenden mostrar composicións propias mesturadas cunha visión moi persoal de temas de diversas culturas adaptadas a gaita e acordeón.
Este dúo, que iniciou a súa andaina no ano 2005, está formado por músicos que actualmente constitúen un referente para o mundo da gaita e o acordeón en Galicia.

“Unión das Terras”, proxecto no que participaron músicos de renome como Xosé Lois Romero tocando a pandeira, Álex Blanco coa guitarra acústica e Xabier Díaz aportando a voz, constitúe, deste xeito, unha viaxe de case sesenta minutos a través do mundo que traspasa fronteiras de todo tipo, mostrándonos o mellor de cada lugar e cultura, pero sen esquecer o carácter e o sabor galegos que sempre caracterizan ás súas melodías.

Fandando desesperado

Fandango desesperado (NGD Música, 2005) é o primeiro traballo publicado por Luvas Verdes. Este traballo recolle unha parte significativa do repertorio da formación co que acadan os máis importantes galardóns da música tradicional.En palabras de Álvaro Seivane : "...trátase dun traballo que sentará precedente" e Xosé Lois Romero (Director Musical da Compañía "Nova Galega de Danza"): "é dende xa, un clásico da discografía galega".

Músicos:
Daniel Bellón: gaita
Pedro Lamas: gaita
Tamboril: Pepe Montero
Bombo: Melo Suárez

Colaboradores:
Xabier Díaz: voz
Agustín Sánchez: gaita
Antía Barreiro: Bombo

BAGAD KEMPER & Colaboración BellónMaceiras Live au Cornouaille 60 aniversario

Proposto en forma de "carta branca" ao Festival de Cornouaille 2009, baixo a direción de Jean-Louis Hénaff, este Best Of é o espectáculo dunha noite de xullo 2009, celebrando os 60 anos do Bagad Kemper e repasando a aventura musical dos últimos dez anos. Fiel ao espíritu dos seus fundadores, o Bagad KEMPER esmerouse en transmitir a súa paixón pola música e a cultura bretona. Pero cal sería o futuro dunha cultura se quedase pechada, se non se enriquecera da diversidade das outras. Esta vontade de apertura cultural e de innovación é a que caracteriza ao Bagad Kemper neste CD cheo de cores musicais. O Bagad KEMPER e os seus convidados repasan aquí grandes momentos destes últimos dez anos de creacións musicais e de encontros artísticos nun único concerto con músicos da talla de Dan Ar Braz (guitarra) ou Bernard Le Dréau (saxo), entre outros máis. Dani Bellón (coa súa gaita) e Diego Maceiras (co seu acordeón) tamén foron convidados para esta celebración e puxeron a súa pegada musical "BellónMaceiras" a este disco tan emotivo.

Navidad de España en Rusia 2011

BellónMaceiras Dúo Live in Moscow. BM2 participa nesta occasion con 6 panxoliñas gravadas en directo no concerto da catedral católica de Moscú. Son acompañados pola organista María Moiseeva e polo guitarrista Vitaly Maslov. Este cd leva por título O mellor da III edición do Festival Internacional de Música Navideña "Navidad de España en Rusia 2011". Cd editado pola fundación benéfica "De Boni Arte".

BellónMaceiras Dúo Live in Moscow Ad Honorem / Xota de Sta Lilaina

BellónMaceiras Dúo & María Moiseeva Cantata 147 Bach

Orquesta de músicos solidarios, Voces para la Paz. Colabora BellónMaceiras Dúo. (2011, Auditorio Nacional, Madrid)

Cd benéfico de Voces para la Paz, coa orquestra sinfónica de músicos solidarios onde participa nun tema BellónMaceiras. O cd está gravado en directo no Auditorio Nacional en Madrid o 12 de xuño de 2011.

Airiños de Fene (Identidade, 2002)

Estamos ante o primeiro traballo discográfico en solitario da Banda de Gaitas “Airiños de Fene”, da que Dani formou parte ata o 2002. Neste cd podemos atopar o repertorio máis salientable do colectivo.
Finalmente o cd sairía á venda no ano 2002. No disco participan unos 40 músicos da Banda de gaitas, aínda que tamén conta coa aparición das cantereiras, Xirifeiras, e os cantareiros, Bruada todos /as eles membros de Airiños de Fene.

Músicos Convidados:
Suso Vaamonde: Gaita
Xosé Lois Romero: Percusión
Jose J. Presedo: Gaita


web da banda
Concursos de gaita galega Constantino Bellón (2000-2006)

Posiblemente o concurso de gaiteiros solistas máis emblemáticos de Galicia. Neste certame grávase un cd en directo en cada edición cos participantes no concurso, no que Dani participa dende o ano 2000 ata o ano 2006, conseguindo o primeiro premio en 3 ocasións. No Constantino Bellón anualmente pasan un mínimo de 8 participantes coa peculiarade de que hai catro que son de fora de Galicia, e que chegan dende distintos puntos do mundo. A todos eles os poderemos escoitar nestes cds que anualmente edita o Ateneo Ferrolán co motivo do Concurso de gaita solista máis coñecido de Galicia.

Composicións do Constantino Bellón

O día 30 de agosto de 2006 grávase en directo no Teatro Jofre de Ferrol un disco coas 4 primeiras obras gañadoras do concurso de composición Constantino Bellón. Dani participa na gravación interpretando dúas obras de gaita-piano.A edición deste traballo sae nun dobre cd en xullo de 2007, conxuntamente coa do XVI concurso de gaita galega Constantino Bellón onde Dani gaña o seu terceiro Bellón.

Músicos:

Daniel Bellón (Gaita: 1 e 2)
J.M. Yáñez (Piano: 1, 2 e 4)
Suso Vaamonde (Gaita: 3 e 4)
Saiva Nova (Quinteto de corda: 3)

Compositores gañadores:

1.- Alalá e jota da Ribeiroa - Xesús Álvarez Lozano (2003)
2.- Capricho de Gaita – Agustín Sánchez Iglesias (2004)
3.- Carmina Ultricularis – J.M. López Rodríguez (2005)
4.- Amanecer en Fisterra – Ernesto Campos (2006)

De Pano Sedán

Despois do éxtio do seu predecesor, Doce Polainas Enteiras, sae De Pano Sedán que conserva a esenza do anterior. Dani colabora con dúas composicións da súas propia autoría que van incluídas no libro.