• English
  • Castellano
  • English
  • Español

Novas

Venres 17 de decembro: presentación de FolkFusión en Fene, 21h
14/12/2010
Este venres 17 de decembro, BellónMaceiras Quinteto presenta o seu disco Folkfusión na vila de Fene.
O concerto está programado para as 21h, na Praza do Concello.
Non o perdades! BellónMaceiras Quinteto, por primeira vez en Fene! Garantizamos emocións fortes durante 1h30!
Concertos didácticos no teatro Jofre àra 1400 escolares do Concello de Ferrol
30/11/2010
Preto de 1.400 alumn@s de Educación Primaria de dez centros de ensino público de Ferrol participan nos concertos didácticos que Bellón Maceiras Dúo ofrece hoxe e mañán, luns 29 e martes 30 de novembro e o 13 de decembro no Teatro Jofre. Ao longo destas sesións os rapaces e rapazas achegaranse á música popular galega, aos instrumentos e aos ritmos galegos, entre outros aspectos.
Sociedade.A resposta dos centros educativos da cidade a esta iniciativa didáctica foi excelente. A agrupación Bellón Maceiras Dúo, integrada por Daniel Bellón e Diego Maceiras, leva xa moitos anos traballando xuntos na procura de dignificar os seus instrumentos -a gaita e o acordeón-, así como toda a música galega. Unha música que a través destes concertos tratarán de achegar aos alumn@s cos que interactuarán.

Dende o 15 de setembro rexentan a nova escola de Musica ubicada na rua Antonia Montero de Perlío- Fene, onde se ensinan estre outros instrumentos, a gaita, o acordeón, a guitarra e percusión. Clases moi prácticas para todolos niveis de apredizaxe.
Novo disco de Bagad Kemper no que colabora BM2 xa á venda na Escola de Música
16/11/2010
Xa temos á venda na Escola de Música o novo disco do Bagad Kemper "Live au Cornouaille" no que participou BellónMaceiras Dúo coma convidados en 2009 en Quimper. Os interesados podedes contactar a través do noso mail escola@bellonmaceiras.com
Cursos Intensivos de 2010 na Escola BellónMaceiras
29/10/2010
A Escola BellónMaceiras ven de anunciar os seus cursiños intensivos ata fináis de ano. O día 26-27 de novembro haberá un cursiño de Baile Galego destinado a tódalas idades e tódolos niveis. O mestre será o afamado bailarín e escritor Calixto Albán e o prezo do curso será de 30€ ( 20€ para alumnos da escola). O día 18 de decembro haberá un curso de empalletado e afinación impartido polo artesán palleteiro Amado "Cubero". O curso terá unha duración de 8h e o prezo é de 50€ ( 35€ alumnos da escola). Este é un fin de semana perfecto para achegarse a Fene xa que o día anterior actúa BellónMaceiras na praza do Concello de Fene. Apuntádevos cedo que hai poucas prazas.
Daniel Bellón con Juan Carlos Cambas, Jaime Torres e BellónMaceiras no Festival de Cosquín en Vilagarcia.
13/10/2010
O afamado pianista Juan Carlos Cambas trae este vindeiro venres e sábado 16 o Festival de Cosquín de Arxentina a Vilagarcía de Arousa. Neste festival tamén participarán cun pequeno concerto BellónMaceiras Dúo e Daniel Bellón colaborará con Juan Carlos Cambas, Jaime Torres e o seu grupo. Serán no auditorio de Vilagarcía ás 21h.