• English
  • Castellano
  • English
  • Español

Novas

BellónMaceiras Quinteto en Entrelares Radio Círculo, Madrid
05/10/2010
Aquí podedes escoitar a entrevista feita por Sonia Frías no programa Entrelares en Radio Círculo en Madrid a Daniel Bellón co motivo da Escola BellónMaceiras e do novo disco Folkfusión de BellónMaceiras Quinteto.
http://www.ivoox.com/programa-musical-04-10-10-audios-mp3_rf_382905_1.html
Escola de Música BellónMaceiras. Inaguración este mércores 20h
10/09/2010
O vindeiro mércores día 15 ás 20h inaugurarase a Escola de Música BellónMaceiras. BellónMaceiras Quinteto fará un pequeno concerto e posteriormente haberá unha pequena festa á que estades todos convidados. A matrícula xa está aberta e as clases comezan o día 20 deste mes. A parte de Diego Maceiras e Daniel Bellón, músicos da talla de Miguel Lamas, Alex Blanco, Calixto Albán, participarán como mestres da escola.
Entrevista de BellónMaceriras e disco no Spotify
27/08/2010
Xa está colgado na rede o vídeo da entrevista a BellónMaceiras contando cousiñas acerca do disco Folk Fusión. Podédelo encontrar no YouTube tecleando "bellon maceiras entrevista" no buscador, tendes dúas versións: en galego e castelán. Tamén poderedes atopalo nesta mesma páxina na sección Multimedia Vídeos. Por outra banda, xa está subido o disco "Folk Fusión" no Spotify, sen dúbida un dos programas máis usados para escoitar música na rede. Poñendo "BellonMaceiras" no buscador do Spotify teredes acceso á escoita íntegra do disco de modo gratuíto, ca posibilidade de compralo para telo en propiedade. Esperemos que desfrutedes con ámbalas novidades!
Novo concerto de BellónMaceiras Quinteto
20/08/2010
Este venres 20 de agosto BellónMaceiras Quinteto abrirá o festival "Esmorga Folk" de Bandeira (Silleda-Pontevedra). Será a partir das 22:00 h. e no que logo de BM5 poderedes ver os concertos de Quempallou, Tiruleque e Fracasados de antemano. Vémonos alí!
Esta semana Luvas Verdes e BM5
03/08/2010
Esta semana Dani traballará como pluriempleado, con Luvas Verdes e con BellónMaceiras Quinteto. BM5 tocará o xoves día 5 en Cervo onde ás 22:30 no festival Arroutada. O sábado 7, abrirán a XXXI edición do Pardiñas en Guitiriz, será ás 22:00h. E para rematar esta semana, o domingo 8 poderedes velos en Rois no "Sons Mamede" e para os que queiran ración doble ese mesmo día Luvas Verdes actuará en Cedeira no Festival de Buxainas ás 19h.