• English
  • Castellano
  • English
  • Español

Novas

Daniel Bellón participa en Gatia 2.1
31/12/2009
Daniel Bellón participa no libro disco Gaita 2.1. Neste proxecto no que participan diversos compositores,Dani aporta unha composición da súa propia autoria así coma a gravación da mesma.Está acompañado por Pedro Lamas na gaita e Xosé Lois Romero na percusión. Tamén colabora na gravación dunha obra incluída no libro do seu compañeiro Pedro Lamas.
BM5 comezou hoxe a gravación do seu próximo traballo discográfico en A Coruña
28/12/2009
BellónMaceiras Quinteto comezou hoxe a gravación do seu vindeiro traballo discográfico no Estudio Amil de A Coruña. Mandávosmos saúdos e unha instantánea dende a mesma sala de gravación así como un novo surtido de fotos na galería multimedia.
Aula de Música "Daniel Bellón" no IES FENE
22/12/2009
Hoxe tivo lugar un acto moi especial no Instituto de Educación Secuandaria do Concello de Fene onde se produxo o bautizado da Aula de Música como "Aula de Música Daniel Bellón". Dani estivo acompañado polo seu compañeiro Diego Maceiras co que fixo un pequeno concerto para os alumnos do centro. Tamén estaban para o levantamento da praca o alcalde de Fene Iván Puentes, o ex-alcalde Xose María Rivera e a dirección do propio centro escolar. A todos eles moitísimas gracias por esta homenaxe!
Luvas Verdes en Barcelona, Bm5 en AchegArte e máis novedades
22/11/2009
Pedro Lamas e Daniel Bellón desprazaranse a cidade condal para impartir un curso de especialización de gaita galega do día 5 ó 8 do mes de decembro. Por outra banda poderedes ver a BM5 en AcheGarte el domingo 29 pola tarde no Palexco na Coruña.Xa por último tedes un adianto dun tema que formará parte do novo disco no que está xa a traballar BM5 na sección de vídeo.Disfrutádeo.
BM5 en Bélxica: "Celtic Connections Evening"
02/10/2009
A vindeira semana BM5 sae cara Bruselas para participar nunha velada Celta xunto cos grupos Taran (Wales) e Breabach (Scotland).O concerto será o mércores a partir das 19h no Centre La Tentation (28, rue de Laeken
B-1000 Bruxelles). A entrada será libre.