• English
  • Castellano
  • English
  • Español

Novas

BM5 está a traballar no seu novo disco
03/09/2009
Chegan novas dende terras norteñas: BellónMaceiras Quinteto está xa a preparar o seu novo traballo discográfico. A única información desvelada polos músicos, é que o disco sairá á luz neste vindeiro inverno...Seguirémovos informando!
Clases de Gaita Galega en Madrid 2009/2010
28/08/2009
Xa está aberta a inscripción para o novo curso de gaita galega tanto na Escuela Folklore Plaza de Castilla como no Centro Galego de Fuenlabrada. As clases serán intensivas en venres e sábadosfins de semanas alternos.O curso comeza o vindeiro día 18. Máis info en www.folkloreplazacastilla.com ou directamente a través desta web.
Concerto de BM5 no XXX Festival Irmandiño de Moeche.
22/08/2009
Este sábado día 22 de Agosto terá lugar o XXX Festival Irmandiño de Moeche ( A Coruña). Nel participará BM5 xunto cos grupos Lamatumbá, Mallacán e Saraibas & Balakandra.O concerto de BM5 será o segundo da noite xusto antes do asalto ó castelo. Quedades todos convidados!
Este venres concerto de BM2 en Lubián, Zamora
13/08/2009
Este venres BM2 desprázase á veciña Zamora, máis concretamente ó pobo de Lubián para participar no "Festival Cortello dos lobos". O concerto será no Castro natural do pobo. Será de entrada libre e comezará ás 21:30h.
BM5 no Festival Intercéltico de Lorient
28/07/2009
Despois de estar no festival de Cornouaille en Quimper(podedes ver fotos e videos do seu paso neste link: http://www.festival-cornouaille.com/programme/# nos dias 21, 22, 24 e 25), BM2 xa se atopa en Lorient, onde nuns dias reuniranse cos seus compañeiros de BM5 para ofrecer un total de 4 concertos na fin de semana. O primeiro deles sera o venres 31 as 21:00 horas; o sabado as 12:00; e o domingo un doble pase: as 15:00 e as 19:30. Todolos concertos serán no Stan de Galicia. Estades todos convidados!