• English
  • Castellano
  • English
  • Español

Novas

BellónMaceiras en xira por Bretaña. Festival de Cornuaille
13/07/2009
BellónMaceiras sae o a noite do venres cara Francia pra facer unha xira de case 1 mes que os levará a participar no Festival de Lorient e tamén na 86ª edición do Festival de Cornouaille, na súa versión en dúo. O éxito de BellónMaceiras ségueos alén das nosas fronteiras, enchendo concertos e obtendo críticas excepcionais aló onde van, coma no seu último concerto, na Noite Celta de Alcobendas. Os vindeiros días 21, 22 e 25 de Xullo, Dani e Diego levarán a Bretaña a súa mestura de música tradicional e contemporánea. Ademais, o dúo foi convidado polo Bagad Kemper a participar no seu concerto-aniversario no mesmo Festival de Cornouaille. O Bagad Kemper, que vén de cumprir 60 anos, celebraráo o vindeiro venres 24 de Xullo cunha festa musical á que convidarán a músicos de tódalas latitudes para festexalo con eles.
Toda a información sobre o evento, datas e horarios, na web do Festival
www.festival-cornouaille.com/

BellónMaceiras Quinteto en Alcobendas
11/07/2009
O vindeiro sábado 11 de xullo na Esfera Plaza Cubierta (Avenida Olímpica nº14 , Alcobendas, Madrid) terá lugar a Noite Celta organizada polo Centro Galego de Alcobendas. Nela ofrecerán un concerto BellónMaceiras Quinteto no que adiantarán varios temas do seu vindeiro traballo discográfico. Comezará ás 21:30h. A entrada terá o prezo simbólico de 1€. Ademáis de BM5 participarán tamén a Banda de Gaitas do propio centro e o grupo galego Bonovo.
Festa de fin de curso da Escuela de Folklore Plaza Castilla
26/06/2009
O vindeiro venres día 26 ás 19h terá lugar a festa da Escuela de Folklore Plaza Castilla Poderedes ver unha variada mostra de músicas e danzas populares que se estudian no centro como, dulzaina, gaita galega, danza de salamanca, zanfona, txalaparta, guitarra, música infantil, danza del vientre, whistle, danzas de irlanda...etc.Todo esto da man dos mestres e alumnos da escola.Será en Geranios 30,Fundación Oscus, Madrid.
22 de Maio.Curso de Gaita no Teatro Madrid
13/05/2009
O venres día 22 de maio dentro da programación de Madrid Folk e coa colaboración da Escuela de Folklore Plaza Castilla, Dani impartirá un curso de iniciación e acercamento á Gaita Galega. O curso será no Teatro Madrid, (La Vaguada, Madrid) ás 16h. Terá unha duración de 3 horas. Para inscribirse consulta-la web do Teatro Madrid www.teatromadrid.com
BellónMaceiras Dúo no Castelo de San Felipe
30/04/2009
O vindeiro xoves a partires das 14h o BellónMaceiras dúo actuará na festa de recepción dos estudiantes Erasmus das tres universidades Galegas. Será no Castelo de San Felipe en Ferrol onde presentarán unha imaxe renovada do dúo con novas sopresas musicais.